sexta-feira, 16 de janeiro de 2015

REGATA MIÑO INTERNACIONAL COPA PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN

REGATA MIÑO INTERNACIONAL 
18 Jan 2015 
Rio Miño - Tui


Un total de 12 clubs galegos e portugueses, que sumarán 300 remeiros, daranse cita este domingo na Regata Miño Internacional Copa Presidente da Deputación.

A Regata Miño Internacional disputarase a partir das 12h en augas do río Miño entre San Pedro da Torre e o Centro Interfederado.


Será a primeira vez que sexa organizada de forma conxunta polos dous clubs de remo tudenses: o Remo Tui e o Remo do Miño.

Precisamente este feito foi destacado esta mañá tanto polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, coma polo concelleiro José Ángel Villaverde, destacando a súa satisfacción polo proceso de unificación que se está a realizar entre ambas entidades deportivas dende hai xa uns meses e que se pon de relevo nesta proba.

A regata disputarase en Oito con temoneiro absoluto masculino, 4 scull absoluto masculino, 4 scull absoluto feminino e coma novidade tamén en 8 con temoneiro veterano.

Sem comentários:

Enviar um comentário